Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plumas, Charlie e Chico, os guacamaios que sobrevoan acotío a ría de Vigo

Plumas, Charlie e Chico, os guacamaios que sobrevoan acotío a ría de Vigo

Os donos, afectados de varias doenzas, aseguran que forman parte da familia e resultan terapéuticos

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 29/03/2025 14:12 Última actualización 29/03/2025 14:58

Plumas, Charlie e Chico son tres guacamaios criados en cativerio pero que acostuman voar en liberdade, cando o tempo o permite, na contorna do Monte da Peneda en Redondela.

Os seus donos fixéronse con estas aves tropicais en Baiona hai anos e para eles, afectados de varias doenzas, os seus paxaros, ademais de membros da súa familia, son terapéuticos.

Nicanor Nieto e Carlos Cabaleiro quedan case a diario no Viso, en Redondela, aos pés da  ermida da Peneda. Nicanor é o dono de Chico, de case cinco anos, e Charlie, de case dous, e Carlos ten a Plumas de case catro anos.

"Estes paxaros ninguén me pode dicir a min que están coidados mal cando veñen a voar diariamente tres ou catro horas, teñen unhas instalacións grandes, con xoguetes, unha alimentación adecuada, un control veterinario", conta a TVG Nicanor Nieto, o dono de Charlie e Chico.

"Eu o paxaro non o teño para telo nunha gaiola. Eu téñoo para que voe libre. Leva, iso si, un GPS porque pode haber unha avaría calquera, un susto que faga que o animal se descontrole, e se se descontrola saber onde está polo menos", engade Carlos Cabaleiro, o dono do guacamaio Plumas.

No ceo galego, ao que están adaptados xa que naceron aquí aínda que a especie sexa tropical, azores e falcóns peregrinos son os maiores perigos para os guacamaios. Tanto Carlos como Nicanor teñen problemas de saúde e saír a voar cos paxaros resúltalles terapéutico.   

"A situación que teño por un problema de saúde... Estiven dándolle voltas e mirei uns vídeos do adestramento e voo libre a través de Internet e saíronme os guacamaios. E optei por iso. Evádenme das miñas dores de cabeza. Son os paxaros os que me obrigan a saír aquí a diario e cóidanme eles a min e non eu a eles", relata Nicanor Nieto, o dono de Charlie e Chico.

"Están completamente adaptados porque xa naceron aquí. Os avós eran de aquí, e os bisavós tamén. Sabe Deus cando os trouxeron", di Carlos Cabaleiro, o dono do guacamaio Plumas.

Nos dous casos mercaron estes guacamaios cando tiñan meses ao criador de Baiona Xabier Rodríguez Penedo e, desde entón, estas aves viven con eles nas súas casas, onde os educan a xogar e a falar, e lévanos a voar en liberdade desde unha zona alta onde os poidan controlar.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade