Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche atropela unha menor no barrio compostelán de Santa Marta

Un coche atropela unha menor no barrio compostelán de Santa Marta

A vítima foi trasladada consciente nunha ambulancia ao Hospital Clínico

O accidente tivo lugar preto da parada do autobús na avenida da Liberdade en Santiago, este martes.
G24.gal 24/09/2024 13:58

Sucedeu na avenida da Liberdade, no barrio compostelán de Santa Marta, preto da parada do bus poucos minutos despois das oito da maña deste martes.

Todo apunta a que a vítima, unha rapaza de trece anos, estaba a atravesar a rúa fóra do paso de peóns e por diante do autobús escolar. Entre iso e a pouca luminosidade daquela hora, o condutor non se decatou da presenza da rapaza.

A vítima foi trasladada consciente nunha ambulancia ao Hospital Clínico, situado preto do lugar do atropelo.

Ao lugar do accidente desprazáronse tamén efectivos da Policía Local de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade