Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado por homicidio imprudente o autor do atropelo en que morreu unha muller en Lugo

Investigado por homicidio imprudente o autor do atropelo en que morreu unha muller en Lugo

A Policía Local traballa coa hipótese de que o condutor circulaba de forma "temeraria e neglixente"

A falecida, de 59 anos, cruzaba o paso de peóns próximo á rotonda que dá acceso á Rolda Norte

O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas

Foto cedida por El Progreso
G24.gal 05/11/2024 08:29 Última actualización 05/11/2024 17:31

O condutor de vehículo que atropelou mortalmente a pasada noite  unha muller que cruzaba un paso de peóns en Lugo foi imputado como investigado por un delito de homicidio por imprudencia, dado que a Policía Local manexa indicios de que circulaba de forma “temeraria ou neglixente”.

O condutor foi detido tras o sinistro e pasou a noite en dependencias policiais. Este martes foi posto a disposición do xulgado de garda, que o deixou en liberdade, aínda que con medidas cautelares.

A vítima é unha muller de 59 anos. Perdeu a vida a pasada noite ao ser atropelada cando cruzaba, en compañía do seu marido, por un paso de peóns, na Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo.

Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o 112 foi avisado do accidente pasadas as 20:30 horas a través do servizo de urxencias sanitarias, cuxos efectivos xa avisaron da gravidade do atropelo.

O sinistro produciuse no paso de peóns próximo á rotonda que dá acceso á Rolda Norte. A central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Lugo e á Policía Local, cuxos axentes desviaron o tráfico e aseguraron o punto mentres trataban de reanimar a vítima.

Con todo, os servizos de emerxencias acabaron confirmando o falecemento da muller. O condutor do vehículo deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade