Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous homes acusados de posuír dous 'narcopisos' no barrio do Calvario, en Vigo

Detidos dous homes acusados de posuír dous 'narcopisos' no barrio do Calvario, en Vigo

Comisáronse obxectos como básculas de precisión, estupefacientes, fornelos, sopretes e 1.500 euros en efectivo, entre outros

Os obxectos comisados pola policía/Policía Nacional
G24.gal 20/12/2024 10:31 Última actualización 20/12/2024 14:49

Axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO III) da Comisaría da Policía Nacional de Vigo detiveron a dous homes por tráfico de drogas e por posuír dous 'narcopisos' no barrio vigués do Calvario.

A investigación comezou aproximadamente hai tres meses. Segundo explica a Policía, todo comezou cunhas queixas da veciñanza que levaron a determinar a existencia de dous pisos nos que se elaboraban e vendían substancias estupefacientes, como heroína, cocaína ou haxix. As drogas eran vendidas nas proximidades dos propios domicilios.

"Sinto alegría porque se desactivara todo e atoparan algo. Levamos  moitos anos loitando con isto, o movemento de xente é constante e con pelexas. Nunca atoparan nada, a ver se agora por fin o tema se soluciona".

"Eu teño o interfono desconectado desde hai tempo, chamaban a todas horas durante a madrugada. É constante o trasfego de xente no portal, xente durmida nas escaleiras, e teñen cagado e mexado dentro", din dúas veciñas do narcopiso da rúa Numancia.

Ao entrar nas vivendas e deter aos dous individuos, a Policía incautouse no primeiro piso de obxectos como básculas de precisión, fornelos, moldes para cociñar a droga, sopretes, amoníaco, unha caixa forte, unha pistola de aire comprimido, e once blísteres de medicación para a súa venda, entre outros efectos.

Na segunda vivenda confiscaron unha báscula dixital, doce pastillas para a súa venda, once gramos de cocaína cociñada, moldes para cociñar a droga e amoníaco.

Así mesmo, entre os dous rexistros incautáronse de máis de 1.500 euros en efectivo. Durante a investigación tamén se requisaron estupafacientes en distintas cantidade aos compradores, como heroína, cocaína cociñada, cocaína base ou haxix.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade