Conta atrás para o último tramo da reforma de Balaídos
Conta atrás para o último tramo da reforma de Balaídos
A construción da nova bancada de Gol comeza o 28 de xaneiro
Balaídos entrará, nos primeiros compases de 2025, na última fase da súa reforma integral. Será a construción da nova bancada de Gol, que arrincará o próximo 28 de xaneiro.
Durante aproximadamente dúas semanas, a actual bancada poderá convivir co uso da mesma, polo que no partido da fin de semana do 9 de febreiro, coincidindo coa visita de Betis, estaría dispoñible.
A partir de aí, os seus preto de 3.000 abonados deberán ser recolocarvos en diferentes zonas do estadio. Niso xa traballa o club. As obras prolongaranse durante máis de dous anos, polo que non estarán concluídas ata o arranque da tempada 2027-28.
A nova bancada de Gol é un calco da de Marcador, inaugurada hai pouco máis de ano e medio. A cabida será de 6.400 espectadores, aumentando así a actual. O proxecto da nova bancada de Gol elévase a 25 millóns de orzamento que financian, a partes iguais, o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.