O Deportivo Abanca métese nos oitavos de final da Copa da Raíña
O Deportivo Abanca métese nos oitavos de final da Copa da Raíña
Ana de Teresa, Altuve e Olaya marcaron os goles contra o Betis (3-0)
O Deportivo Abanca superou a eliminatoria e xa está nos oitavos de final da Copa da Raíña. E iso que enfronte tiña un rival da máxima categoría, pero pasoulle por riba ao Betis en Abegondo. Sobre todo nunha primeira metade en que conseguiu dous goles e mereceu algún máis.
Os goles marcáronos Ana de Teresa (minuto 22) e Altuve (minuto 30). Con anterioridade Eva Dios e a propia ADT gozaran de oportunidades moi claras e ata o descanso houbo máis achegamentos. No segundo tempo o Deportivo non precisou arriscar, buscou estar forte en defensa e en ningún momento a eliminatoria pasou por perigo. No tempo engadido Olaya marcou o definitivo 3-0 ao culminar unha gran xogada de Ainhoa Marín.