Cargando resultados...
Inés Pereira salva un empate para o Deportivo Abanca (0-0)
Inés Pereira salva un empate para o Deportivo Abanca (0-0)
A porteira portuguesa estivo inspirada e salvou o seu equipo nun segundo tempo de claro dominio do Éibar
G24.gal
20/10/2024 14:03
O Deportivo Abanca sacou un punto do campo de Ipurúa grazas, en boa parte, á actuación da súa porteira Inés Pereira. A portuguesa realizou paradas de moito mérito, sobre todo nun segundo tempo no que o Éibar intensificou o seu dominio.
Da primeira metade houbo moi pouco que rescatar, tan só un remate da coruñesa Raquel García. Na segunda o equipo vasco tivo moitos achegamentos con ocasións claras de Monnecchi ou Espe Pizarro que salvou Inés Pereira e un remate da propia Monecchi que se estrelou contra o traveseiro.