Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca busca ante o Betis o pase a cuartos de final da Copa

O Deportivo Abanca busca ante o Betis o pase a cuartos de final da Copa

Irene Ferreras ten a todo o seu cadro á súa disposición e incluíu ademais as canteirás Paula Monteagudo e Carmen Carballada na citación

Foto @RCDeportivo
G24.gal 05/11/2024 11:24 Última actualización 05/11/2024 11:34

O Dépor ABANCA e o Real Betis Féminas xóganse este martes 5 de novembro ás 20:00 horas en Abegondo, a partido único, o pase aos oitavos de final da Copa.

As Nosas chegan a esta terceira rolda copeira en 13ª posición da Liga F pero cun partido menos xogado debido á suspensión do encontro do pasado sábado no Estadio Antonio Puchades ante a Valencia CF Féminas a consecuencia da catástrofe provocada pola DINA no Levante.

Nas dúas eliminatorias anteriores as brancas e azuis superaron dous equipos de Segunda Federación: o Atlético Vilalonga FF (0-1) e o Sporting de Xixón (0-6).

Irene Ferreras ten a todo o seu cadro á súa disposición e incluíu ademais ás canteirás Paula Monteagudo e Carmen Carballada na citación.

A preparadora branca e azul admite que "hai unha diferenza entre a primeira e segunda rolda de Copa nas que tiñamos esa obrigación de pasar. Esta terceira rolda na que temos un rival de moita entidade é un partido de Primeira División".

Advirte de que "imos ter que esixirnos ao máximo para pasar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos