Chiki confía na forza do grupo do Rácing: "Estamos unidos e ímolo sacar todos xuntos"
Chiki confía na forza do grupo do Rácing: "Estamos unidos e ímolo sacar todos xuntos"
O dianteiro foi titular no último partido diante do Éibar
O dianteiro do Rácing Chiki Borrego recoñeceu que o equipo está pasando por un mal momento pero confía na forza do grupo para sacar adiante a situación: "Estamos unidos dentro do vestiario e ímolo sacar todos xuntos".
Chiki, titular no último partido diante do Éibar, agradece que o venres haxa partido diante dun Levante que vai ter o desgaste do partido de Copa que xoga o martes. "Cando as cousas non van ben o que queremos é xogar canto antes". E a vindeira semana tocarán outros dous partidos (mércores e domingo) nunha fase do calendario moi cargada para todos os equipos da Segunda División.
O Rácing atópase en postos de descenso e ven de perder os dous últimos encontros, diante do Rácing de Santander e o Éibar.