Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un operario que facía labores forestais en Cerdedo-Cotobade

Morre un operario que facía labores forestais en Cerdedo-Cotobade

O falecido tiña 47 anos

Quedou inconsciente cando estaba subido a unha árbore

G24.gal 19/11/2024 15:45

Un home de 47 anos faleceu este martes mentres realizaba unha serie de labores forestais nun monte do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. O suceso rexistrouse no lugar de Aguasantas.

A vítima quedou inconsciente cando se atopaba subido a unha árbore. Os seus compañeiros lograron baixalo ao chan antes de que chegasen os servizos de emerxencia, que tiveron dificultades para chegar ata a zona, que era de difícil acceso.

Desde a central do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou o helicóptero medicalizado con base en Santiago; así como da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

Foron estes últimos os que advertiron que o acceso á vítima era complexo e que sería necesario empregar medios adicionais para trasladala ata os vehículos medicalizados.

A pesar dos esforzos realizados, o equipo sanitario só puido confirmar o falecemento do home, veciño de Viascón, en Cerdedo-Cotobade, e que traballaba no sector da poda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade