Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras na N-541 en Cerdedo-Cotobade, na zona do accidente mortal do autobús, comezarán o luns

As obras na N-541 en Cerdedo-Cotobade, na zona do accidente mortal do autobús, comezarán o luns

O investimento total destas obras, que contemplan melloras no firme e a reposición da barreira metálica de contención ascende a 940.443,74 euros

G24.gal 25/10/2024 15:48

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible informou de que vai executar obras en diferentes tramos da nacional N-541, desde o quilómetro 55,7 ata o 69,8, nos municipios pontevedreses de Forcarei e Cerdedo-Cotobade.

Segundo traslada nun comunicado, o investimento total destas obras ascende en total aos 940.443,74 euros, IVE incluído. A primeira das actuacións é a reparación do firme de tramos puntuais entre os quilómetros 68 e 69,8 no termo municipal de Cerdedo-Cotobade, cun investimento de 475.499,21 euros.

A segunda obra cínguese á reposición da barreira metálica de contención entre os quilómetros 55,7 e 63,4 en Forcarei e Cerdedo-Cotobade. O importe destas obras ascende a 464.944,53 euros, IVE incluído.

O Ministerio informou de que, a prol de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir das 8:00 horas do luns 28 de outubro de 2024, producirase o corte dun carril da estrada N-541, habilitando a circulación polo outro carril con paso alternativo de vehículos. 

Os traballos vanse desenvolver en horario diúrno, sempre que o permitan as condicións meteorolóxicas. Os desvíos de tráfico estarán convenientemente sinalizados. O Ministerio lembrou a importancia de respectar a sinalización provisional de obras e as limitacións de velocidade para garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade