A Xunta respalda a demanda do sector forestal que pide cambios na fiscalidade para a silvicultura
A Xunta respalda a demanda do sector forestal que pide cambios na fiscalidade para a silvicultura
A Asociación Forestal de Galicia entrégalle á Conselleira de Medio Rural un informe coas medidas que van presentar no Congreso dos Deputados
O sector forestal de Galicia pide melloras na fiscalidade que se lle aplica á actividade silvícola. Os representantes da Asociación Forestal de Galicia entregáronlle un informe á conselleira do Medio Rural coas propostas que se van presentar no Congreso dos Deputados con algunhas medidas que xa están en marcha en Galicia.
"Esa medida xa estaba recollida no Plan forestal de Galicia do ano 21 e seguiremos a apoiar. O sector forestal é esencial para a nosa comunidade e para os galegos e galegas que teñen un apoio económico nesas plantacións que deben ter unha fiscalidade xusta", asegura a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez.