En Parada de Sil garanten a conservación e a calidade da castaña
En Parada de Sil garanten a conservación e a calidade da castaña
A asociación de propietarios de soutos Cañón do Sil espallan unhas recomendacións para que a castaña se manteña sa máis tempo
Xa levan vendidos este ano 24 tonelada de moi boa calidade
É tempo de preparar as chemineas e tamén de ir pensando nos magostos. No canón do Sil están na metade da colleita da castaña, que xa está chegando ao mercado nas mellores condicións. A asociación de produtores de Parada de Sil espallou unhas recomendacións para garantir a súa calidade e conservación.
A esta nave de Parada de Sil non paran de chegar castañas. Garanten un prezo, 1,60 euros o quilo, pero cunhas condicións. Piden ao máis de cento de asociados que entreguen as castañas en sacos de rede que eles mesmos facilitan porque nos sacos de plástico derrámanse antes, tamén recomendan que as teñan o menos tempo posible nos maleteiros dos coches para evitar a calor e que non aparezan vermes.
Así garanten a súa calidade e conservación. Piden ademais que as entreguen o antes posible. Aquí clasifícanas e só as mellores saen ao mercado. Este ano son de moi boa calidade.
Van pola metade da campaña e levan vendidos 24.000 quilos, e máis venderían se tivesen, e sen intermediarios.
Hai dous anos que máis de cen produtores crearon esta asociación Cañón do Sil de explotación forestal conxunta coa que ademais poden acceder a axudas para limpar os soutos ou para tratamentos contra a avespa do castiñeiro. A unión tróuxolles aos campesiños e á contorna máis beneficios.