Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi galego da Liga Feminina vén marcado polo desencontro entre clubs

O derbi galego da Liga Feminina vén marcado polo desencontro entre clubs

O partido xogarase o venres, horas despois de que o Baxi regresara de Istanbul do partido da Eurocup

O cadro ferrolán pediu o troco de hora e o Ensino axustouse ao que marcaba a FEB

G24.gal 31/10/2024 20:02

Chegou o xoves pola tarde o Baxi Ferrol de volta á casa tras a súa vitoria histórica en Istambul na Eurocup. Semana intensa para o equipo ferrolán, que se pecha co encontro de liga o venres ante o Ensino. Esixencias do calendario que non tiveron modificación posible.

O Baxi Ferrol trae unha mochila ben pesada de Istambul. Por unha banda a ledicia dunha vitoria histórica ante un dos grandes do continente. Pola outra un cansazo enorme. Porque o seguinte compromiso é ante o Ensino e chega cunha compoñente polémica. O Baxi tentou adiar o encontro pero non houbo acordo co club lugués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade