Cargando resultados...
Derrota dun Fabril que acabou con nove xogadores (0-1)
Izan marcou para o Raio Cantabria o único gol do partido a dez minutos do final
Garrido e Marotías foron expulsados no cadro fabrilista
G24.gal
09/03/2025 14:21
O Fabril perdeu en Abegondo diante dun Raio Cantabria que gañou os últimos tres partidos diante de rivais galegos (Compostela, Pontevedra e o filial deportivista). Era un encontro en que o máis xusto sería a igualada porque as ocasións escasearon, sobre todo no primeiro tempo. Arriscaron un pouco máis na segunda parte e os dous equipos achegáronse con certo perigo.
A expulsión de Garrido no minuto 70 permitiulle ao Raio Cantabria buscar a portería de Alberto e atopouna no 79 cun disparo de Izan. A expulsión de Marotías por agresión no 82 acabou por pecharlle ao Fabril calquera posibilidade de reacción.