Cargando resultados...
Alfaro deixa o Fabril nos postos de fase de ascenso (0-1)
Nun partido de pouco fútbol o equipo fabrilista aproveitou a inferioridade numérica do Escobedo
G24.gal
02/03/2025 17:21
O Fabril sumou os tres puntos no campo do Escobedo cántabro para rematar a xornada en postos de fase de ascenso á Primeira Federación. Un partido que non foi brillante, condicionado pola superficie e as dimensións do terreo de xogo.
O conxunto coruñés aproveitou a expulsión de Cagigal no minuto 80 e soubo agardar pola súa oportunidade cun xogador máis. No 88 Kevin marchou por velocidade e asistiu a Alfaro para marcar o único gol do partido.