Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing perde dous puntos no engadido (2-2)

O Racing perde dous puntos no engadido (2-2)

Un gol no último suspiro do Zaragoza tira pola borda o esforzo dun Racing que quedara con dez por lesión 

G24.gal 19/05/2024 22:31 Última actualización 19/05/2024 23:15

O Racing visitou o mítico estadio da Romareda coa ilusión polas nubes, confiando en gañar e seguir o ritmo dos equipos da promoción de ascenso. 

A primeira metade comezaría practicamente da peor forma posible. Os locais adiantáronse antes dos cinco minutos e condicionaron os plans dun Racing que de seguro tiña outra cousa en mente. Liso mandaba o balón ao fondo da rede e os de Cristóbal terían que remar a contracorrente para remontar o partido. No primeiro tempo foi incapaz. Intentouno por todos os lados pero ningunha ocasión conseguiu poñer o empate, e marchaba ao descanso sen mover o marcador. 

Ironicamente, se nos primeiros 45 minutos non deu feito gol, soamente lle fixeron falta tres máis para que Álvaro Giménez abrise por fin a súa conta particular. Gol psicolóxico que aumentaba o impulso dun Racing a máis. O mesmo autor tería o segundo gol. No minuto 57 volvería aparecer Álvaro para certificar a remonta ferrolá e poñer o equipo en vantaxe con media hora por diante. O último treito foi de loita, pelexa e aguantar o resultado como fose. Os de Cristóbal botaban balóns fóra como boamente podían e o Zaragoza non atopaba fisuras na defensa ferrolá. A mágoa racinguista chegou cando, tras estar os últimos minutos cun xogador menos pola lesión de Nico Serrano, que non puido ser substituído, os aragoneses empataron o partido cun centro lateral que atopou a cabeza de Sergi.

O Racing empatou un partido que xa remontara e cando xa se vía con tres puntos de ouro para seguir na loita polo ascenso. A semana que vén visitará a Malata o Leganés sen saber aínda a cantos puntos enfrontará o Racing a zona de promoción, que depende do partido do luns do Oviedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos