"Voice hacking": clonan a nosa voz para estafar os nosos contactos
A policía recomenda establecer palabras clave ou estratexias de verificación cos nosos contactos
Recibir chamadas no móbil de ciberestafadores está á orde do día e non hai que fiarse dos números descoñecidos. Hai que ser precavido, por exemplo, para evitar caer no calote do "si". Os delincuentes grávannos ao descolgar para despois usar ese "si" noso para darnos de alta en servizos online de xeito fraudulento. Así que temos que evitar esa resposta.
Tamén podemos ser vítimas de "voice hacking": grávannos a voz en chamadas, ou sácana de vídeos que publicamos nas redes. Así, son capaces de facerse pasar por nós con audios que semellan reais e pedirlle diñeiro aos nosos amigos e familiares. Para non caer na trampa, a policía recomenda concertar cos nosos contactos unha clave, como o nome dunha mascota ou unha data de nacemento, para que poidamos verificar que se trata dunha chamada real.
Se caemos na estafa, o mellor é denunciar ante as autoridades con toda a documentación que poidamos.