Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG ratifica a condena a unha muller que estafou 71.900 euros a un coruñés facéndolle crer que casaría con el

O TSXG ratifica a condena a unha muller que estafou 71.900 euros a un coruñés facéndolle crer que casaría con el

A Sala entende probado que a acusada o enganou para conseguir que lle entregase o diñeiro

G24.gal 07/04/2025 17:17

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a dous anos e medio de cárcere a unha veciña de Leganés que estafou a un veciño da Coruña facéndolle crer que casaría con el.

En concreto, segundo sinala a sentenza ditada o 3 de abril e da que informou este luns o TSXG, o home puxo un anuncio en setembro de 2017 na sección de contactos dun xornal dixital no que indicaba que "necesitaba compañía, deixando o seu número de teléfono por se algunha muller estivese interesada nunha relación estable de parella". Nel, a vítima, de 66 anos, describíase como "unha persoa cariñosa, honrada e sensible".

O alto tribunal galego avala o relato de feitos probados da sentenza de primeira instancia, no que se indica que, ao día seguinte, a acusada, de 44 anos, contactou con el "e fíxolle crer que aceptaba a proposta e que pensaba trasladarse á Coruña para convivir e casar. Con todo, sinala que o que se propoñía era obter todo o diñeiro posible, convencéndoo, primeiro, do seu namoramento e, logo, de múltiples e ficticias adversidades ou enfermidades graves, propias ou de familiares".

Desta forma, segundo engade o tribunal no fallo, logrou que "o persuadido unise á súa dependencia física en cadeira de rodas outra emocional" e logrou que lle entregase un total de 71.900 euros (o importe dos aforros e dos préstamos que obtivo).

O TSXG rexeita que se vulnerase a presunción de inocencia da sospeitosa, pois destaca que comparece na vida da vítima "poñendo de manifesto -e aquí está o engano- que está disposta a ser esa compañeira de vida solicitada e, é en tal contexto, cando comeza a relatar todo tipo de problemas que requiren que se lle entregue diñeiro".

Os maxistrados destacan que "se a acusada non chamase a atención do afectado para ocupar esa condición de esposa ou compañeira, é evidente, non recibise diñeiro algún".

Contra o ditame do TSXG cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade