Cargando resultados...
Multado con 1.000 euros o condutor dunha bicicleta que deu positivo en alcoholemia en Ribeira
A Policía Local lembra que as taxas de alcol non só poden afectar os condutores de vehículos de motor e ciclomotores

G24.gal
07/04/2025 16:43
Axentes da Policía Local de Ribeira sancionaron na madrugada do sábado ao domingo ao condutor dunha bicicleta que deu positivo en alcoholemia. A multa foi de 1.000 euros.
Segundo explican nun comunicado, tras lanzar un resultado de 0.84 mg por litro de aire aspirado, esta persoa foi denunciada por vía administrativa cunha sanción de 1.000 euros. A bicicleta retiróuselle ata que non cesaron as causas da inmobilización.
A Policía Local lembra que as taxas de alcol non só poden afectar os condutores de vehículos de motor e ciclomotores na vía penal, senón tamén aos condutores, como neste caso, de bicicletas, na vía administrativa.