Publicador de contidos

Publicador de contidos

O perigo dos peóns zombis

O perigo dos peóns zombis

Os viandantes que camiñan mirando o móbil teñen maior risco de atropelos

Algunhas cidades toman medidas advertindo dos cruces con luces no chan

G24.gal 07/04/2025 15:01

Non atenden a nada que non suceda na súa pantalla. Camiñan sen mirar nin escoitar, coa cabeza gacha, a mirada no móbil e os auriculares como complemento. É a estampa máis recoñecible dos peóns zombis.

"Si, eu son unha delas. Unha vez case me pilla un bus por mirar o móbil".

"Eu nunca tropecei con nada, pero é así. Gústanos ir entretidos e por iso estamos pegados ao teléfono na rúa".

"Sobre todo nos pasos de cebra é un perigo, non ves o coche, a min pásame".

Nalgúns países estes peóns tecnolóxicos teñen sinal de perigo propia e noutros advírteselles con pintadas no chan. Pero a mellor ferramenta para previr atropelos semella ser a prevención, mesmo cando aínda non teñen nin teléfono.

"Desde ben pequenos, nestes cursos de seguridade viaria insistimos en que cando vaian pola rúa non usen o telefono, que  polo menos levanten a cabeza ao cruzar, está habendo accidentes incluso mortais por este motivo", explica Maximino Viaño Marcos, policía local de Santiago.

Malia que camiñar mirando o móbil non está penalizado, si o está cruzar en vermello. Por iso proliferan nas cidades balizas de luz á altura dos pés e das mans, para que atendamos ao que temos que atender.

"Está ben, todo axuda, pero o importante é levantar a cabeza e mirar antes de cruzar. Pode estar verde é que o condutor veña distraído e xa o tes encima, non o ves", engade o axente.

Xa saben, na rúa mellor o móbil no peto e a cabeza erguida. Para evitar accidentes, pero tamén para reducir estrés e previr dores musculares neses pescozos que miran mais a pantalla que a vida real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade