Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operadores turísticos dos EUA coñecen Galicia para ofrecela como destino aos seus clientes

Operadores turísticos dos EUA coñecen Galicia para ofrecela como destino aos seus clientes

Despois dos nosos veciños de Portugal son os cidadáns dos Estados Unidos os turistas estranxeiros que máis visitan Galicia: superaron o cuarto de millón o ano pasado

G24.gal 07/04/2025 15:04

Os turistas chegados a Galicia desde EUA superaron o cuarto de millón o ano pasado. Adoitan ser visitantes con estadías medio longas e con alto poder adquisitivo, que interesan moito no sector. Por iso, estes días, invitaron unha delegación de axencias de viaxes de Chicago a un tour informativo por Galicia.

Segundo a axente de Chicago Claudia Cabasos o impacto do verde, que lle lembra a Irlanda, é un dos síntomas do asombro máis comús nos operadores que acaban de chegar e viñan coa idea dun destino máis tipicamente español.  

Wasy Kushchynskyl, da  Oficina Española de Turismo en Chicago, explica que a maioría coñecen de España as cidades de Madrid e Barcelona, e que que queren voover para ver algo diferente. Nese sentido, Helina, tamén axente de turismo en Illinois, cre que Galicia é un destino versátil, tanto para os que buscan relaxarse como para os que queren máis actividade e aventura.

Sábeno xa os 260.000 estadounidenses que en 2024 converteron o seu país nun dos nosos principais provedores de turistas.

"Converténdose no segundo mercado turístico máis importante despois de Portugal, e no primeiro, se falamos de peregrinos", explicou Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.

De aquí ao venres estes axentes pasarán por Santiago, as Rías Baixas, a Ribeira Sacra, coñecerán pazos e castros e poderán levar ás súas axencias americanas unha morea de ideas, contactos e propostas para aconsellar os seus clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade