Achan na costa de Cádiz neveiras e un contedor do buque que se refuxiou en Vigo
O barco perdeu parte dos vultos que transportaba na área de Cabo Sao Vicente Portugal por mor da borrasca Martinho
Salvamento Marítimo recuperou máis de 17 neveiras e un contedor que estaban á deriva na costa de Cádiz e formaban parte da mercadoría perdida polo buque MSC Houston V, que se refuxiou en Vigo tras sufrir un corremento de carga durante un temporal.
Segundo informa Salvamento na súa conta oficial da rede social X (antigo Twitter), foi o pasado 20 de marzo cando o barco perdeu parte dos vultos que transportaba na área de Cabo Sao Vicente Portugal por mor da borrasca Martinho.
Salvamento Marítimo recupera más de 17 neveras y un contenedor de 40 pies a la deriva frente a las costas de Cádi. Las neveras formaban parte de la carga perdida por el buque MSC Houston V el pasado día 20 en el área de Cabo Sao Vicente Portugal a causa del temporal provocado… pic.twitter.com/pVYmEAXBq0
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) April 7, 2025
Por iso, o mercante tivo que atracar no Porto de Vigo ao caer ao mar entre 15 e 20 contedores.
Agora, máis de 15 días despois, a Salvamar Enif recolleu 11 neveiras á deriva preto de Cádiz, sendo depositadas no porto de Barbate. Pola súa banda, a Salvamar Arcturus localizou e deixou seis neveiras máis no peirao de Tarifa (Sacro Corazón de Jesús).
Na actualidade, permanece activo un radioaviso marítimo, xa que continúan aparecendo neveiras flotando preto da costa, polo que Salvamento recomendou extremar a precaución das embarcacións que cheguen á zona.
O operativo foi coordinado por Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo en Tarifa e dirixido pola Capitanía Marítima de Alxeciras.