Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de puntos de recarga e o prezo son principais obstáculos para mercar un coche eléctrico

A falta de puntos de recarga e o prezo son principais obstáculos para mercar un coche eléctrico

O Goberno presenta un mapa cos puntos de recarga en todo o territorio nacional que se vai actualizando cada día

G24.gal 07/04/2025 14:55

É unha das claves da mobilidade do futuro, pero aínda estamos lonxe do obxectivo. As cifras son claras. España necesitaría aumentar o seu parque eléctrico en case un 45 % se quere cumprir co reto marcado na transición enerxética.

"Estamos buscando un híbrido. O eléctrico de momento non nos convence demasiado", explica un cliente.

As razóns son moitas. Pero a dispoñibilidade de puntos de recarga e o prezo están entre as máis repetidas para os consumidores.

Con todo as cifras van avanzando. Nos últimos meses hai unha repunta das vendas que en Galicia se achega ao 50 %.

"Nese sentido que haxa máis puntos de recarga e que funcionen é importante. E logo tamén que se habiliten axudas", explica Jesús Somorrostro, xefe de vendas de Breogán Motor.

O Goberno busca impulsar a mobilidade eléctrica. O mapa de puntos de recarga é unha das medidas coas que quere dar certeza aos condutores.

"Hai rede dispoñible e estamos vendo como esa rede segue medrando para aínda sexa máis doado", considera a Ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aegesen.

As novas axudas incluídas no plan Moves III e a sinalización dos puntos de recarga nas estradas son outras das medidas que buscan avanzar na mobilidade eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade