Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG presenta unha proposición de lei para garantir a asistencia sanitaria en 48 horas

O PSdeG presenta unha proposición de lei para garantir a asistencia sanitaria en 48 horas

Besteiro defende un plan de choque ante as esperas actuais de ata 21 días

O BNG tamén reclama medidas urxentes e critica a estratexia da Xunta

G24.gal 07/04/2025 15:57 Última actualización 07/04/2025 16:22

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) rexistrou este luns no Parlamento unha proposición de lei que busca garantir a asistencia na Atención Primaria nun prazo máximo de 48 horas.

Anunciouno polo secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, tras a mobilización convocada por SOS Sanidade Pública, que reuniu arredor de 10.000 persoas en Santiago.

Besteiro reclamou a posta en marcha dun plan de choque para reducir os tempos de espera actuais, que segundo indicou oscilan entre 5 e 21 días.

Asegurou que esta medida é necesaria para “garantir unha atención digna” e retou ao Partido Popular a apoiala: “Se, como di o PP, non hai ningún problema na sanidade pública, non debería haber impedimento ningún para apoiar esta proposta”.

O líder socialista cualificou a mobilización como unha mostra clara do “descontento social” coa situación actual do sistema sanitario galego.

O PSdeG considera urxente actuar, especialmente na Atención Primaria, ámbito onde aseguran que se concentran os principais recortes.

Pola súa parte, a voceira nacional do BNG tamén valorou a resposta cidadá nas rúas e denunciou que o PP “é un perigo para a saúde pública”. Ana Pontón criticou duramente á Xunta por negar as deficiencias sanitarias, e cualificou esa actitude de “insulto á intelixencia”.

Pontón acusou o goberno galego de seguir unha estratexia deliberada de deterioración dos servizos públicos co fin de favorecer ao sector privado. O Bloque, ao igual que o PSdeG, volveu insistir na necesidade dun plan de choque que poña fin ás carencias estruturais da sanidade, especialmente na Atención Primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos