Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume reduce a cinsa o garaxe dunha vivenda de Gondomar

O lume reduce a cinsa o garaxe dunha vivenda de Gondomar

O domicilio da familia salvouse porque o garaxe era independente

G24.gal 07/04/2025 14:11

Moita sorte tivo unha familia de Gondomar que este domingo sufriu un voraz incendio no garaxe da súa vivenda. Foi en cuestion de minutos cando, por causas que agora se investigan, as lapas acadaban os tres metros de altura nunha vivenda no lugar de Rasas, en Gondomar. Aínda co medo no corpo, José Laso Olmo relata cómo acababa de chegar a casa.

"Eu cheguei e tocáronme a campá, fun correndo porque non sabía quen chamaba con tanta insistencia. E cando vexo o fum que saía tentei abrir a porta eléctica que xa non ía. Tentei abrir a de peóns pero xa o meu fillo me colleu e non me deixou entrar, e a esperar o que ía pasar, que se ía queimar todo".

A familia só ten palabras de agradecemento para os veciños que deron a voz de alarma, e para o GES do Valmiñor e os bombeiros do Porriño, que lograron sufocar as lapas. José só pensa na sorte de que o garaxe estea separado da casa, porque se non a casa ardería tamén. O home viu con impotencia que non podía acceder para sacar o coche que estaba no interior, que quedou totalmente calcinado. Tamén había material inflamable que avivou as lapas.

Conta José Laso que "a adrenalina neses momentos... un non o pensa, trata de solucionar... Gracias a Deus non entrei, porque non sairía. Pasaríame o mesmo que aos bombeiros de Madrid que fai pouco morreron por iso. Tiña estantes de madeira con cousas, tres bicicletas, un refrixerador cheo de carne, un xerador por se se ía a luz, cortacéspede, rozadoira, serra, motoserra... todas as cousas que se teñen nunha casa para os traballos que hai que facer nela... pois todo ardeu".

Agora investígase a orixe do incendio. Casualidade ou non, os cinco días anteriores ao incendio houbo varias incidencias coa subministración eléctrica que eles mesmos tiveron que reclamar en dúas ocasións. Os veciños quéixanse tamén do desleixo da compañía telefónica que deixou a medias a retirada dun poste hai unha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade