Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina un tractor e maquinaria agrícola nun alpendre en Monforte

Un incendio calcina un tractor e maquinaria agrícola nun alpendre en Monforte

A herba seca que había gardada no pendello complicou as tarefas de extinción, que se prolongaron durante toda a noite

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, ainda que os propietarios viven na casa anexa

G24.gal 07/04/2025 10:07 Última actualización 07/04/2025 14:02

Os bombeiros tiveron que traballar durante toda a noite no lugar de Campelo, en Monforte, para lograr extinguir un incendio nun pendello cheo de herba seca

"Ao chegar a dotación, encóntranse co lume totalmente expandido pola explotación e o primeiro que fan é intentar que non pase ás casas contiguas, porque perigaba o barrio enteiro", sinala Tomás Losada, sarxento do parque de bombeiros de Monforte. 

Finalmente conseguiron controlalo, pero non foi doado. Había tal cantidade de herba que isto complicou moito os traballos de extinción. O incendio detectouse sobre as doce e media da noite e xa ben entrado o día aínda seguían traballando na zona. 

Con tractores sacaron os silos de herba que logo poñían a arrefriar nunha leira lindeira. Afortunadamente non houbo danos persoais e o lume só afectou ao pendello.

"Cando hai rolos de herba, é moi complicado. A única forma de paagalos e quitalos con maquinaria para fóra, estendelos e ilos arrefriando pouco a pouco", explica Losada. 

Era o propio dono quen alertaba de que estaba ardendo o pendello anexo á súa casa. No alboio tamén se gardaba maquinaria agrícola e varios vehículos, que quedaron seriamente danados. Un tractor ardeu por completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade