Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un home tras chocar o coche en que viaxaba cunha retroescavadora en Celanova

Ferido un home tras chocar o coche en que viaxaba cunha retroescavadora en Celanova

Unha muller tamén viaxaba no coche e advertía da posibilidade de que un home permanecese atrapado no interior do vehículo

G24.gal 10/04/2025 16:05

Un home quedou ferido tras chocar o turismo no que viaxaba cunha retroescavadora no municipio ourensán de Celanova.

Segundo informou o 112, o sinistro produciuse na estrada OU-0204, ao seu paso por Bobadela, concretamente no quilómetro 2, arredor das 11:45 horas.

Foron varios particulares os que alertaron do ocorrido, entre eles, unha muller que tamén viaxaba no coche e que advertía da posibilidade de que un home permanecese atrapado no interior do vehículo.

Ante esta información, o 112 Galicia mobilizou ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Celanova, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, foi necesaria a liberación do home por parte dos equipos de rescate antes de proceder ao seu traslado ao centro hospitalario de referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade