Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ata 2.700 dependentes galegos que están en lista de espera recibirán a partir de xaneiro unha axuda directa da Xunta

Ata 2.700 dependentes galegos que están en lista de espera recibirán a partir de xaneiro unha axuda directa da Xunta

O obxectivo do Goberno galego é darlles apoio mentres agardan a seren atendidos de forma definitiva

Alfonso Rueda di que isto é posible porque en Galicia os orzamentos de 2025 van entrar en vigor en menos dunha semana

G24.gal 26/12/2024 14:26

A Xunta dá un paso máis para apoiar os dependentes. A partir de xaneiro todos os galegos que teñan recoñecido o dereito á prestación pero estean agardando por unha praza pública nunha residencia ou nun centro de día ou por atención a domicilio percibirán unha axuda directa do Goberno galego. Serán 2.700 os beneficiarios. Di Alfonso Rueda que isto é posible porque en Galicia os orzamentos de 2025 van entrar en vigor en menos dunha semana.

O presidente da Xunta de Galicia asegura que "as persoas que están valoradas e optan por unha prestación, mentres non se lles poida dar esa prestación que polo menos teñan unha axuda da Xunta de Galicia".

"Ás persoas maiores que todo o deron e todo o achegaron, hai que devolverlles iso, sobre todo ás persoas dependentes", explica Rueda. No 2025, a Xunta tamén vai axilizar as valoracións para a dependencia e os tempo de espera.

Alfonso Rueda visitou os maiores que participan no programan Xuntos polo Nadal en Nigrán. Leva 6 anos en marcha e estas festas benefícianse del 270 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade