A Xunta destina 90 millóns de euros para reducir as listas de dependencia e telas resoltas nun máximo de seis meses
A Xunta destina 90 millóns de euros para reducir as listas de dependencia e telas resoltas nun máximo de seis meses
A Xunta destina 90 millóns de euros para reducir as listas de dependencia e telas resoltas nun máximo de seis meses
Mentres agardan polo recoñecemento da súa prestación, as persoas dependentes cobrarán unha axuda e entrará en vigor o 1 de xaneiro
As autoestradas autonómicas manterán as bonificiacións e subirán 1,7 % neste 2025
Alfonso Rueda anunciou tamén a construción e xestión por un importe de 25 millóns de euros da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia, que estará situada en Sogama
A Xunta de Galicia pon en marcha un plan para reducir as listas de espera da dependencia. Investiranse nel máis de 90 millóns de euros e entrará en vigor o 1 de xaneiro. Ademais de axudas temporais mentres non se resolven as prestacións definitivas, reducirase a burocracia para axilizar as valoracións.
Simplificaranse os trámites ao mínimo. Só haberá que presentar unha única solicitude e o prazo para resolvela non poderá superar os seis meses. Mentres agardan polo recoñecemento da súa prestación, as persoas dependentes cobrarán unha axuda e entrará en vigor o 1 de xaneiro.
O Consello da Xunta aprobou destinar preto de 32 millóns de euro para unha nova convocatoria da Tarxeta Benvida no 2025. Desde a súa posta en marcha, hai unha década, xa se beneficiaron desta medida 110 mil familias galegas.
Os sectores pesqueiro e acuícola de Galicia van contar ata o ano 2027 con 82 millóns de euros en axudas para modernizar a súa actividade e facela máis sostible.
A maior parte da contía, 65 millóns, será para os establecementos de acuicultura. Haberá tamén apoios para empresas da conserva e para facer melloras nos barcos pesqueiros.
Nesta última xuntanza do ano tamén se autorizou a segunda fase do plan de renovación dos centros educativos, que se estenderá ata o 2028. Case a metade dos 267 millóns de euros irá destinada a construír ou ampliar medio cento de centros educativos.
Alfoso Rueda anunciou tamén a construción e xestión por un importe de 25 millóns de euros da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia, que estará situada en Sogama.
As autoestradas autonómicas, das que ten a titularidade a Xunta de Galicia, manterán as bonificiacións neste 2025. Ademáis, nalgúns tramos as peaxes non subirán, e nas que o faga será o 95% da suba do IPC internanual, un 1,7 %.
A Xunta tamén autorizou unha nova oferta de emprego público en Sanidade. 1.182 prazas que esgotan a taxa máxima de reposición para o Sergas. A maioría das prazas serán para médicos. Crearanse 38 prazas para a nova especialidade de médicos de urxencia.
Amais renovouse o convenio con Povisa para os próximos dous anos. Cambia dun sistema de concerto a un contrato de prestación de servizos.