Técnicas de supervivencia para moverse de xeito seguro polo monte ou en caso de catástrofe natural
Técnicas de supervivencia para moverse de xeito seguro polo monte ou en caso de catástrofe natural
A través das súas redes sociais Roberto divulga vídeos con pequenos trucos e consellos de supervivencia. Este reservista militar imparte desde hai máis de dez anos cursos de formación neste campo.
Afirma: "Todo o que teña pilas ou cables é susceptible de que cando máis o precisemos non funcione ou quede sen pilas. Cun mapa e un compás imos chegar a calquera parte do mundo".
Di que abonda cunha fin de semana para coñecer todo o esencial para resolver ou previr calquera situación complicada que nos xurda no monte.
"Todos os que pasamos a primeira noite no monte sabemos que as árbores comezan a facer ruído, móvense, hai sombras, vemos xabarís por todas as partes. Saber que iso nos vai pasar, que funcións psicolóxicas nos van vir, é moi importante para que o que podería ser unha mala experiencia quede só nunha situación levadía, nunha anécdota", di Roberto.
E para estar preparado ante un escenario de posible episodio de catástrofe natural aconsella ter esa mochila de emerxencias 72 horas que podemos coller nun momento determinado en caso de ter que abandonar o domicilio con eses elementos básicos e indispensables para poder subsistir.
Previsión e sentido común son, para Roberto, as mellores ferramentas para moverse na natureza de xeito seguro.