Fai dúas décadas do tsunami do Índico, o máis mortífero da historia
Fai dúas décadas do tsunami do Índico, o máis mortífero da historia
Houbo 228.000 falecidos en 14 países
As ondas chegaron a 30 metros de altura
Dúas décadas despois, Indonesia lembrou as vítimas do tsunami na mesquita de Banda Aceh. Converteuse nun símbolo do desastre natural, xa que aguantou en pé a sacudida das ondas en plena zona cero. Ondas que chegaron aos 30 metros de altura.
A orixe foi un terremoto de magnitude nove, o terceiro máis grande da historia, rexistrado a 120 quilómetros da illa de Sumatra.
20 minutos despois, o mar xa engulía a terra cun nivel de destrución sorprendente. Foi o tsunami máis mortífero da historia. Case 230.000 falecidos en 14 países bañados polo Índico. Tamén houbo milleros de desaparecidos e millóns de desprazados.
A día de hoxe aínda hai zonas que non se recuperaron por completo do impacto. O que si deixou a traxedia en todos os países golpeados foi un sólido sistema de prevención para poder reaccionar axiña a fenómenos similares. Por exemplo, con sinais para subir a terra segura.
Ademais dos actos programados en Indonesia, outros países como Tailandia, Sri Lanka ou A India tamén celebran hoxe cerimonias para lembrar os seus falecidos.