Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas volven pedir a dimisión de Mazón dous meses despois da DINA

Milleiros de persoas volven pedir a dimisión de Mazón dous meses despois da DINA

É a terceira protesta contra a xestión da catástrofe que deixou 223 persoas falecidas

A veciñanza de Valencia homenaxea as vítimas dunha traxedia que afectou 78 concellos 

Participantes na manifestación este domingo en Valencia. EFE/Ana Escobar.
G24.gal 29/12/2024 19:31 Última actualización 29/12/2024 21:26

Milleiros de persoas, 80.000 segundo datos da Delegación do Goberno, percorreron as rúas de Valencia para pedir de novo a dimisión do presidente autonómico, Carlos Mazón, pola xestión da DINA do pasado 29 de outubro.

Sete tractores encabezaron esta manifestación, a terceira dende as graves inundacións que deixaron polo menos 223 persoas falecidas, miles de afectadas e perdas millonarias na provincia.

Xusto cando fai dous meses da catástrofe, preto de sesenta organizacións cívicas, sociais e de esquerda convocaron a marcha, á que se adheriron máis de 150 entidades para buscar "verdade, xustiza e reparación".

Os colectivos organizadores aseguran que responde á "inactividade, falta de responsabilidade e xestión nefasta" do Goberno valenciano e lembran que, 61 días despois, aínda hai tres persoas desaparecidas.

As dúas mobilizacións anteriores foron o 9 e o 30 de novembro. A primeira reuniu 130.000 persoas e a segunda 100.000, segundo os datos que achegou a Delegación do Goberno.

Os tractores que encabezaron a marcha. EFE/Ana Escobar Os tractores que encabezaron a marcha. EFE/Ana Escobar
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade