Tres persoas continúan desaparecidas en Valencia, dous meses despois da DINA
Tres persoas continúan desaparecidas en Valencia, dous meses despois da DINA
Este domingo haberá unha nova manifestación para esixir a dimisión de Mazón
Este domingo cúmprense dous meses despois da DINA que arrasou gran parte da provincia de Valencia, ocasionando a morte de 223 persoas, das que tres aínda permanecen desaparecidas.
Foron 61 días de traballo para devolverlle toda a normalidade posible aos 78 concellos valencianos afectados.
Case 900 garaxes e baixos seguen cheos de lama
Miles de especialistas civís e militares, xunto con voluntarios, seguen tratando de sacar a lama dos case 900 garaxes e baixos arrasados.
Están sendo unhas festas moi tristes na zona, especialmente para os familiares das 220 persoas falecidas, das tres desaparecidas e da do traballador morto durante a limpeza.
Nadal moi triste en Valencia
Tamén son festas difíciles de levar para os miles de persoas que quedaron sen casa, mentres gran parte dos 128.000 vehículos arrasados pola DINA seguen enchendo xigantescas campas, nas que xa houbo dous incendios. Este domingo haberá unha terceira manifestación en Valencia, para esixir a dimisión do presidente do goberno autonómico.