Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis e as fillas visitan por sorpresa Catarroja, unha das vilas afectadas pola DINA

Os Reis e as fillas visitan por sorpresa Catarroja, unha das vilas afectadas pola DINA

Tratouse dunha visita privada da familia real que sorprendeu aos veciños cos que falaron e se fixeron fotografías

A alcaldesa de vila lamenta que só percorreran a zona recuperada, na terceira visita a Valencia dos monarcas despois das chuvias torrenciais que deixaron 223 mortos

A familia real con veciños de Catarroja ante un restaurante da localidade
G24.gal 22/12/2024 20:32 Última actualización 22/12/2024 21:19

Os Reis e as súas fillas visitaron este domingo por sorpresa Catarroja, unha das vilas afectadas pola DINA en Valencia á que aínda non se desprazaran.

A familia real sorprendeu os veciños cos que charlou de xeito informal e fíxose fotografías no mercado municipal da localidade. Filipe VI e Letizia, canda a princesa de Asturias, dona Leonor e a infanta Sofía percorreron as rúas de Catarroja, que resultou agraciada co terceiro premio do Sorteo de Nadal.

Esta visita que non estaba na axenda, é a terceira ocasión en que os monarcas visitan a comunidade Valenciana, desde as tráxicas inundacións, que golpearon varios concellos.

A alcaldesa de Catarroja agradeceu a visita pero criticou que a fixeran en privado e que non visitaran a zona máis danada da vila onde aínda traballan un milleiro de militares na reconstrucción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade