O número 72480 do Gordo foi vendido en Logroño, pero case todos os cartos viaxaron a Madrid
O número 72480 do Gordo foi vendido en Logroño, pero case todos os cartos viaxaron a Madrid
O número distribuiuse Logroño e a maior parte foi para ao club de baloncesto madrileño Distrito Olímpico
Unha parte considerable dos 772 millóns de euros do Gordo quedan sen dono porque se devolveron 88 series
Segundo Premio: 40.014 e dotado con 1.250.000 euros á serie, vendeuse a maioría en Chipiona
O terceiro premio, 11840, tocou en 131 localidades, entre elas 10 galegas
A administración número seis de Logroño repartiu íntegro o Gordo da Lotería de Nadal, cun premio de 400.000 euros por décimo. Pero o 72.480 deixou un escaso botín na capital rioxana, porque só se venderon dez décimos no despacho e case todo o diñeiro foi para Madrid. Iso non é todo, xa que case o 40% das series devolvéronse por falta de vendas nos días previos ao sorteo.
Pouco despois de coñecerse a sorte na Rioxa, desvelábase que practicamente a metade dos cartos do Gordo, máis de 400 millóns de euros, foron destinados ao equipo de baloncesto Distrito Olímpico, que está abonado a este número desde hai anos.
O club deportivo Distrito Olímpico xurdiu pola fusión de dous clubs históricos (Club Deportivo Baloncesto Gran San Blas e Club Baloncesto Atenea) e está situado nun barrio madrileño humilde, o de San Blas-Canillejas. Alí desatouse a euforia, tendo en conta que os millóns están moi repartidos en décimos e tamén en miles de pequenas participacións de dous euros.
Resumindo, Distrito Olímpico distribuíu 417 millóns de euros dos 772 que corresponden ao Gordo. En realidade, case todo o comprado, porque desde Logroño devolveron 88 series do primeiro premio. Ou sexa, 880 décimos, que suporían 352 millóns en premios e que así aforra de pagar Loterías e Apostas do Estado.
Unha parte considerable dos 772 millóns de euros do Gordo quedan sen dono porque se devolveron 88 series
O establecemento logroñés de loterías da rúa Muro de Mata tiña en exclusiva todo o número, as 193 series. Se vendesen os 1.930 décimos premiados e non quedara ningún sen despachar a choiva de millóns chegaría a 772. Pero o resultado final foi sensiblemente menor. O delegado na Rioxa da Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (Selae), Carlos Ruiz, asegurou que se devolveron 88 series do Gordo, «da 106 á 193». Ou sexa, que se venderon 105, o que supón 420 millóns de euros efectivos en premios.
Segundo Premio: 40.014 e dotado con 1.250.000 euros á serie
Houbo que agardar á unha e media da tarde para coñecer o segundo premio deste sorteo de Nadal, que lle correspondeu ao número 40.014, repartido por vinte administracións de todo o Estado, duas delas galegas.
Houbo que agardar á unha e media da tarde para saber cal era o segundo premio da lotería de nadal deste ano, que recaeu no número 40.014. Foi o último dos grandes premios en sair dos bombos.
Un total de vinte administracións, dúas delas galegas, repartiron o premio por todo o Estado. Cada décimo recibirá 125.000 euros, dos que dezasete mil serán para Facenda.
Terceiro Premio: O número 11.840 foi un dos máis repartidos
Moito antes saira dos bombos o terceiro premio, que lle correspondeu ao número 11.840, que foi un dos máis repartidos deste sorteo de nadal, xa que foi vendido en 170 administracións de toda España, once delas galegas.
Cada décimo do 11.840 recibirá cincuenta mil euros, agás o vinte por cento de impostos. Un dos lugares que mais décimos deste terceiro premio repartiu foi este ximnasio de Bilbao, onde case todo o mundo xogaba o número do local.