O Deportivo culmina mañá unha intensa semana coa visita a Ipurúa (16:15h)
O Deportivo culmina mañá unha intensa semana coa visita a Ipurúa (16:15h)
Logo dunha derrota e un empate, os de Gilsanz buscarán a vitoria
O técnco mantén que o obxectivo é a permanencia, malia á ilusión coas fichaxes
O Deportivo culminará a semana de tres partidos ante o Éibar en Ipurúa. Logo da derrota co Levante e o insulso empate sen goles en Tenerife, o equipo coruñés afronta un difícil compromiso ante un dos mellores locais da categoría. Tres puntos separan aos dous conxuntos. Os de Gilsanz poderían subir moitos postos cunha vitoria, e mesmo achegarse á zona media da táboa. Pero a estas alturas a pelexa para o Deportivo non é outra que a da permanencia.
Pois para afrontar o que queda, o Deportivo incorporou nos últimos días o centrocampista australiano Denis Genreau e o dianteiro marroquino-neerlandés Zakaria.
Os reforzos chegan ilusionados. Xa se verá cal é o estado de ánimo do deportivismo logo do encontro en Ipurúa.