Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta buscará mañá mellorar como visitante en Valencia (16:15h)

O Celta buscará mañá mellorar como visitante en Valencia (16:15h)

Claudio agarda un rival ferido tras a goleada en Barcelona

O técnico amósase encantado coa chegada de Íker Losada e co equipo para a segunda volta

G24.gal 01/02/2025 14:34

Pasaron cinco meses dende que o Valencia visitou Balaídos. O Celta volve atoparse mañá en Mestalla cun equipo ché que só leva tres vitorias e ten moita urxencia por sumar. 

O obxectivo celeste non muda con respecto ó encontro do luns en Mendizorroza. As vitorias fóra non se poden resistir tanto. A convocatoria darase a coñecer pola tarde. Pero Claudio pode contar con Alfon, recuperado xa da súa lesión muscular. Non estarán Aspas, Mingueza, Marcos e Hugo Álvarez.

Tamén estará en Valencia Íker Losada, aínda que Claudio recoñece que aínda non se lle pode esixir o seu mellor nival, xa que so completou dúas sesións de adestramento en Vigo.

Claudio agarda un rival ferido pola malleira encaixada en Montjuic, e afirmou que será vital o inicio do partido de Mestalla

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade