Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os goles de Pirata non lle serven ao Noia para puntuar diante do Peñíscola (2-5)

Os goles de Pirata non lle serven ao Noia para puntuar diante do Peñíscola (2-5)

Derrota do equipo noiés que volve a postos de descenso

O Burela caeu na pista do Palma Futsal polo mesmo resultado (5-2)

G24.gal 19/02/2025 21:35

O Noia Portus Apostoli perdeu por 2-4 diante do Peñíscola do arzuán Santi Valladares. Chegaba nun gran momento de resultados pero con esta derrota volve a postos de descenso. O capitán galego Adrián Pirata, que chegaba aos 150 partidos coa camisola noiesa, xerou todo o perigo no primeiro tempo. Marcou dous goles e fallou un penalti que podía poñer o 3-1 ao descanso. 

Na segunda parte empatou o Peñíscola por medio de Víctor Pérez e Paniagua, que marcou unha tripla, puxo o 2-3 cun discutido penalti. Xusto antes os colexiados non asubiaron a pena máxima nunha xogada moi similar. Cos ánimos moi alporizados chegou o cuarto -o terceiro de Paniagua- e o quinto -tamén repetiu Víctor Pérez-.

Derrota do Burela na pista do Palma Futsal

O Burela perdeu por 5-2 na pista do Palma Futsal, terceiro clasificado da LNFS. O equipo illeiro comezou con moita forza cos goles de Ernesto e Fabinho. Recurtou diferenzas Pitero pero Fabinho marcou o 3-1 xusto antes do descanso. Na segunda metade aumentou a vantaxe Charuto para os locais. Bernardo Araya marcou o segundo do Burela e nos últimos minutos o local Gordillo completou o resultado. O Burela segue no undécimo posto con nove puntos de marxe sobre o descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade