Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo será cuarto na Champions e enfrontarase ao Porto ou o Barcelos

O Liceo será cuarto na Champions e enfrontarase ao Porto ou o Barcelos

Perdeu na pista do Oliveirense por 4-2 na penúltima xornada da fase de grupos e non ten opción de mellorar a súa posición

G24.gal 21/02/2025 09:14

O Liceo caeu en Portugal. Perdeu 4-2 ante o Oliveirense na penúltima xornada da fase de liga da Champions. Logo duns minutos de tenteo, adiantáronse os coruñeses, cun gol de Arnau Xaus a balón parado. A resposta do Oliveirense foi case inmediata igualando o encontro apenas tres minutos despois con este tanto de Diogo Abreu.

Tras o descanso, o conxunto portugués entregouse en ataque e aos dez minutos do recomezo Di Benedetto iniciou a remonta con dous goles de falta directa case idénticos. O Oliveirense volveu marcar subindo o cuarto ao marcador pouco antes de que Xaus recortara anotando o definitivo 4-2. Co Liceo clasificado para cuartos como cuarto de grupo, o duelo definitivo disputarase o día 27 ante o Trissino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade