Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere darlle unha gran despedida á bancada de Gol

O Celta quere darlle unha gran despedida á bancada de Gol

Será o último partido no que haxa público nesa zona antes do inicio das obras de remodelación

O equipo vigués pode igualar co Osasuna (32 puntos) nos postos que asexan a Europa

G24.gal 20/02/2025 21:17

Despois do empate no campo do Atlético de Madrid e a anterior vitoria sobre o Betis, o Celta quere gañarlle ao Osasuna para sumar 7 puntos de 9 nunha liga na que é difícil encadear vitorias.

Coa volta de Iago Aspas e a irrupción de Fer López, cabe a pregunta de se poden coincidir os dous no campo, neste caso ante un rival rochoso como o Osasuna.

Balaídos despide neste partido a vella bancada de gol dando paso ó silencio tras esa portería durante meses e a mellor despedida sería unha vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade