Cargando resultados...
O xuízo contra José Uriel Valencia pola morte de Cristina Cabo será o 26 de maio
Cristina Cabo recibiu 47 coiteladas e o xurado deberá decidir se foi asasinato ou homicidio

G24.gal
21/02/2025 11:53
Xa ten data o xuízo contra José Uriel Valencia Silva pola morte da moza Cristina Cabo. Comezará na Audiencia Provincial de Lugo o luns 26 de maio.
Este home será xulgado con xurado popular. Nove cidadáns deberán decidir sobre a súa culpabilidade e sobre a cualificación dos feitos.
Asasinato con aleivosía e asañamento, como propoñen a Fiscalía e a acusación particular, ou homicidio, como pide a defensa.
Cristina Cabo foi acoitelada ata a súa morte en novembro de 2022 no domicilio da vítima. Ambos coñecéranse a noite anterior e acabaran na casa da moza, onde tivo lugar unha discusión que rematou coa morte de Cristina tras recibir 47 coiteladas