O temporal deixa xa refachos de vento que superan os 120 km/h
Vimianzo e Muras rexistran nas primeiras horas as maiores velocidades de vento
Toda a costa galega está este venres en alerta, laranxa ou amarela, por un temporal costeiro que xa deixou vento que superan os 120 quilómetros por hora no municipio coruñés de Vimianzo e no lucense de Muras.
En concreto, de acordo con os valores rexistrados por MeteoGalicia ao longo da madrugada e a mañá deste venres, os medidores situados na Gándara, en Vimianzo, notificaron refachos de 122,5 km/h ás 8:10 da mañá.
Ademais, no Xistral, no concello de Muras, ás 9:50 notificáronse refachos de 121,9 km/h. Mentres tanto, ás 8:50 horas, rexistrábase vento de 119,1 km/h en Punta Candieira, en Cedeira.
A Xunta activou para este venres, a partir de medianoite, unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral coruñés que co paso das horas se estendeu a Pontevedra. En Lugo, a alerta é de nivel amarelo.
Un veleiro rompeu amarras no porto de Fisterra. Quedou varado na praia Lagosteira. Importante ter moita precaución na zona litoral. Dende primeira hora da tarde os avisos amarelos por vento e chuvia quedarán desactivados, porén poden rexistrarse precipitacións puntuais, pero moi intensas.