Publicador de contidos

Publicador de contidos

Frío polar para toda Galicia con aviso amarelo no sur da provincia de Ourense

Frío polar para toda Galicia con aviso amarelo no sur da provincia de Ourense

Entra unha masa de aire polar que pode deixar os termómetros baixo cero

G24.gal 07/02/2025 20:58 Última actualización 07/02/2025 21:05

Toca abrigarse con vistas ao inicio da fin de semana, sobre todo no sur da provincia de Ourense, onde se activou un aviso amarelo por baixas temperaturas.

Entra unha masa de aire polar que nesa zona durante a noite pode deixar os termómetros varios graos baixo cero.

Pero sen chegar a eses extremos, toda Galicia vai notar a friaxe.  Mesmo se pode formar xeo nas estradas polo que se recomenda precaución ao circular por zonas umbrías.

En xeral a caída das temperaturas mínimas notarase en todas partes durante a madrugada a e mañá do sábado.

 Ademais o Ministerio de Sanidade mantén a Pontevedra como a única provincia cunha alerta sanitaria de nivel 2 por frío.

É un mecanismo que ten en conta múltiples variables que poden agravar os riscos para a saúde, desde a diferenza coa temperatura habitual da zona ata o envellecemento da poboacion ou o número de persoas con enfermidades respiratorias.

E aínda que é unha alerta a nivel provincial, o algoritmo que a activa só ten en conta, polo de agora, os datos das capitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade