Publicador de contidos

Publicador de contidos

Longas ringleiras en Lugo para conseguir gangas nun mercado efémero de moda vintage

Longas ringleiras en Lugo para conseguir gangas nun mercado efémero de moda vintage

Prevese que acudan milleiros de persoas, que disporán dun máximo de media hora no interior

Estará aberto ata o domingo 9 de febreiro

As colas chegaron a rodear o Gran Hotel de Lugo
Félix Aragunde 07/02/2025 20:33 Última actualización 07/02/2025 20:49

Longas ringleiras pola mañá e máis longas aínda pola tarde. Durante todo o día houbo que facer cola, de ata tres horas de espera, para poder acceder ao mercado efémero de moda vintage instalado no principal hotel de Lugo. Entre a clientela, abundaba sobre todo xente nova. E para non ter que agardar tanto tempo, os clientes tamén teñen a opción de pagar por uns pases que lles permiten entrar axiña.

Unha vez dentro, os asistentes teñen á súa disposición moreas de pezas de roupa, que poden adquirir por dez euros cada unha. Dende camisetas ata suadoiros, pantalóns ou mesmo abrigos de coiro. A organización do evento corre a cargo dunha firma valenciana, que cada fin de semana leva o seu mercado vintage a unha cidade distinta.

Felip Peña, organización do mercado efémero: "Nós dedicámonos a conseguir cantidades estratosféricas de roupa, moitas toneladas. Preparámolas e filtrámolas nunha nave, posto que non toda vén ao evento".

Ata o domingo, prevese que pasen por este mercado milleiros de persoas, que disporán dun máximo de media hora por quenda para se faceren coas gangas polas que tanto agardaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar