Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo queda a 8 minutos de superar o récord de imbatibilidade da OK Liga

O Liceo queda a 8 minutos de superar o récord de imbatibilidade da OK Liga

Perdeu no Palau diante do Barcelona por 3-1 e o porteiro Martí Serra estivo 222 minutos sen recibir ningún gol

G24.gal 09/02/2025 18:03

O Liceo perdeu no Palau diante do Barcelona (3-1) e quedou a 8 minutos de superar o récord de imbatibilidade da OK Liga que tiña Egurrola con 230 minutos. Martí Serra mantívose sen recibir ningún gol durante 222 minutos ata que chegou o tanto de Pablo Álvarez neste partido. 

Fabrizio Ciocale empatou para o conxunto liceísta pero o Barça estivo moi atinado na bola parada no treito final do encontro. O propio Pablo Álvarez e Ferrán Font marcaron cadansúa falta directa para poñer o definitivo 3-1. O Barcelona si igualou un récord histórico con 17 vitorias consecutivas nun comezo do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade