O Noia volve crer na permanencia despois de gañar o seu primeiro partido
O Noia volve crer na permanencia despois de gañar o seu primeiro partido
Impúxose na pista do Zaragoza (1-3) e colócase a dous puntos da salvación
O Burela rascou un empate diante do Valdepeñas na última xogada do partido (2-2)
O Noia Portus Apostoli volve crer na salvación despois de gañar na pista do Sala 10 Zaragoza, equipo co que compartía posto de descenso (1-3). Malia tardar quince xornadas en chegar ese primeiro triunfo sérvella ao equipo do Barbanza para poñerse a só dous puntos da permanencia.
Marcáronse todos os goles no primeiro tempo. Rubi Lemos abriu o marcador para os galegos aos catro minutos e Power aumentou a vantaxe no sete. Tomás Pescio recortou diferenzas, pero o gol de Pirata valeulle ao Noia para chegar ao descanso cunha vantaxe que non deixou escapar no segundo tempo.
Empate do Burela no minuto 40
O Burela rabuñou un punto diante do Valdepeñas que lle vale para manter a diferenza de cinco puntos con outro rival directo pola permanencia. Os da Mariña son undécimos con 18 puntos, dez de vantaxe sobre o descenso.
O local Isma marcou moi cedo (minuto 2), pero o Valdepeñas remontou cun dobrete de Carlos. O Burela arriscou ata o final para acadar un empate que chegou nos últimos segundos cun gol de Juninho.