Jorge Prado perderase toda a temporada de Supercrós pola lesión de ombreiro
Jorge Prado perderase toda a temporada de Supercrós pola lesión de ombreiro
O piloto galego mancouse na proba do pasado domingo e terá que pasar polo quirófano
Confirmáronse as peores previsións para o piloto lugués Jorge Prado. O domingo pasado sufría unha caída nos adestramentos da proba de Supercrós. Sufriu unha luxación do ombreiro dereito e non puido disputar a proba.
Prado tiña a esperanza de que non fose algo serio pero nas últimas horas anunciouse que terá que pasar polo quirófano e estará fóra de competición durante, cando menos, dous meses. Iso fai que o galego non poida volver a participar na temporada de Supercrós na que completara dúas probas puntuables, e agora terá que centrarse en prepararse na de Motocrós.
O Supercrós dispútase en recintos pechados e a de Motocrós dos Estados Unidos é similar ao MXGP que viña disputando nas últimas temporadas. Mala sorte para un Prado que deu o salto hai uns meses ao circuíto americano pero a estrea non foi con bo pé.