Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado foi o 12º no AMA Supercrós de San Diego

Jorge Prado foi o 12º no AMA Supercrós de San Diego

G24.gal 19/01/2025 11:12

Esta noite disputouse a segunda cita do AMA Supercrós, en San Diego. Jorge Prado mellorou o resultado da pasada semana ao lograr un décimo segundo posto.

Foi unha proba complicada para o lucense, que non obtivo a clasificación para a carreira principal na súa serie. Prado correu a carreira de repesca, na que logrou o triunfo. Despois, non puido estar entre os mellores na saída do evento principal e viuse obrigado a remontar posicións.

Foi o décimo segundo, xusto por diante do seu compañeiro de equipo en Kawasaki, Jason Anderson. A vitoria final en San Diego foi para o estadounidense Eli Tomac, logo dunha bonita loita co actual campión do Supercrós, o australiano Jett Lawrence. O gañador hai unha semana en Anaheim, Chase Sexton, sufriu unha caída e perdeu as súas opcións de vitoria.

Tomac convértese no terceiro piloto da historia que suma tres triunfos no circuíto de San Diego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade