Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado disloca o ombreiro e non pode competir no Supercrós de Aneheim

Jorge Prado disloca o ombreiro e non pode competir no Supercrós de Aneheim

O piloto galego perdeuse a terceira proba do campionato e agarda os exames médicos para saber cando pode volver

G24.gal 26/01/2025 12:04

Jorge Prado dislocou un ombreiro na terceira carreira do Supercrós en Aneheim. O piloto galego mancouse nos adestramentos previos á proba. Ao chegar a unha curva á esquerda logo dunha zona de saltos Prado foi ao chan. Desde o primeiro momento chamou a atención dos servizos médicos sobre o estado do seu ombreiro, que foi recolocado de inmediato.

Prado non puido participar nesta terceira proba do Supercrós, onde o actual campión do mundo, Jett Lawrence, obtivo o triunfo. Nos próximos días, Prado coñecerá o tempo estimado de baixa aínda que as sensacións non son malas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar